Este ano, nas eleccións á representación estudantil na Universidade da Coruña, as compañeiras de Acción Universitaria conseguimos obter 9 claustrais e 14 representantes na Xunta das distintas facultades ou escolas nas que nos presentamos, coas que seguiremos apostando por métodos de democratización da universidade, onde as estudantes teñan maior capacidade de decisión e un maior empoderamento, loitando tamén por un ensino feminista, laico, público e de calidade.

Despois de rematar esa carreira, despois de loitar durante anos por eses coñecementos que te axudarían a consigue-lo teu futuro. Agora que, despois de tanto traballo, tiñas todo á tua disposición para conseguir todo o que soñabas, agora que empezaba o de verdade, vén alguén e decide que o teu futuro remata aí.