Este vídeo recolle varias das mobilizacións deste ano, pasando pola folga educativa do 13 de Abril ata as convocatorias feministas do 20 de Novembro.
Pero só mostra unha pequena parte do noso traballo. O traballo que non aparece no vídeo é un traballo máis pequeno pero igual ou máis importante se cabe. Ese traballo faise día a día, facendo charlas, facendo asembleas, participando no claustro da universidade, facendo estrazas e solucionando as problemáticas que cada facultade ou escola teña. Un traballo feito por todas e cada unha de nós que nos organizamos en Acción Universitaria ou noutras organizacións estudantís. Estudantes que non nos conformamos e tratamos de mudar a nosa facultade e o noso mundo. Sabemos que é difícil e é duro, pero ano tras ano, construiremos a educación que queremos.
Grazas a todas por este 2016.

Por un ano de pequenas e grandes vitorias.
Construamos o ensino que queremos!
Feliz 2017 compañeiras!
Recordade que podedes seguirnos en:
Instagram ( https://www.instagram.com/auniversitaria_/ )
Twitter ( https://twitter.com/AUniversitaria_ )
Telegram ( https://telegram.me/AccionUniversitaria )
Facebook: ( https://www.facebook.com/AUniversitaria/ )

Comparte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *