Este ano, nas eleccións á representación estudantil na Universidade da Coruña, as compañeiras de Acción Universitaria conseguimos obter 9 claustrais e 14 representantes na Xunta das distintas facultades ou escolas nas que nos presentamos, coas que seguiremos apostando por métodos de democratización da universidade, onde as estudantes teñan maior capacidade de decisión e un maior empoderamento, loitando tamén por un ensino feminista, laico, público e de calidade.

Temos un compromiso, polo cal pomos á disposición do estudantado todas as nosas representantes, abertas a rendición de contas nos espazos democráticos que se artellen.

Se non o fixestes xa, animámosvos a consulta-lo noso Programa, onde presentamos os principais obstáculos ós que queremos buscar solución, así como o noso Compromiso, constituído polas prácticas e obrigas que as nosas representantes se comprometeron a seguir nos diversos órganos da UDC. Por se non estades ó tanto de cales son estes órganos, durante esta campaña tamén elaboramos un vídeo no que o explicamos, así como outro no que defendemos a nosa aposta pola educación pública. Non podemos deixar de recomendarvos o seu visionado!

Moitas grazas a todas polo voso apoio!

 

Cartel_Resultados

Comparte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *