photo5944842385798310059

 

O pasado 22 de Marzo puidemos disfrutar na Casa da Xuventude de Vigo dunha charla sobre o limitado entendemento dos sexos por parte da sociedade actual, e como as mulleres sufriron una división social que nada tivo que ver coa bioloxía. Se lle queredes dar un repaso ós vosos coñecementos sobre os movementos feministas de comezos do s. XX, e como quedaron case destruidos polos fascismos, estamos seguros de que quedaredes sorprendidos sobre falsas concepcións que temos asimiladas acerca desta loita tan imprescindible e non tan exclusiva da actualidade como podemos chegar a pensar. Mercedes Expósito nos traslada pola historia para rematar enumerando aqueles aspectos da vida cotiá que nos evidencian unha diferenciación social dunha metade da poboación sometida á dominación e o poder do sexo masculino, e como as melloras neste ámbito non son tan lineais como tendemos a pensar, nin tan ininterrompidas como nos gustaría.

 

Ademáis da charla íntegra no seguinte vídeo, deixámosvos unha ligazón ó libro no que se basea gran parte desta, escrito pola mesma oradora: “De la garçonne a la pin-up”.

https://www.catedra.com/libro.php?codigo_comercial=164125

Desde Acción Universitaria intentamos achegarvos charlas e actividades que consideramos de necesaria consideración no ámbito universitario, así como en calquera outro da sociedade. Seguídenos en calquera das nosas redes para enterarvos en todo momento do que organizamos!

Comparte

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *